07 e 08 de decembro de 2024
Mercado de Nadal
Negreira
Dous días de feira nos que atoparás artesanía, gastronomía, música, xogos, contacontos, bailes e moitas sorpresas.
Dende o Concello de Negreira convidámosvos a participar
Dispoñeremos dun novo espazo pechado, resgardado e amplo con capacidade para os feirantes expositores.
Este ano ampliaremos o espazo exterior cunha carpa pechada para a zona de entretemento con escenario para concertos, inchable para os máis pequenos e área de obradoiros de Nadal.
O programa de animación para os dous días é bastante completo incorporamos novas funcións como o fotomatón de Nadal, o contacontos e os xogos tradicionais.
Localización do Mercado
Rúa Rosalía de Castro Nº 0, 15830 Negreira, A Coruña
Organiza o Concello de Negreira www.concellodenegreira.gal